O Eirís da cidade dos barrios

Hai xa ano e medio que a Delegación da Coruña do COAG publicou o libro ‘A cidade dos barrios‘,  traballo coordinado polo estudio mmasa que da unha moi interesante visión das barriadas da nosa cidade dende un punto de vista multidisciplinar. O estudo vencella de forma sinxela as características físicas e sociais dos barrios, reflexa como se tecen os lazos de relacións entre eles e a percepción que teñen os veciños dos seus lugares de residencia e dos lugares onde desenvolven a súa actividade diaria entre outros. Hai exemplares en varias bibliotecas municipais (na pestana de exemplares tedes a súa ubicación). Recomendamos a súa lectura sen dúbida.

Obviamente a nós o que nos interesa é a información que atañe ó barrio de Eirís, que o estudio denomina Eirís-A Madosa* e que inclúe enquisas á xente do barrio que amosan cousas curiosas canto menos.

¿Qué cousas curiosas podemos extraer das enquisas?

Só un 20% utiliza o transporte público como medio habitual fronte o 40% que utiliza o vehículo privado. O 40% restante adoita desplazarse a pé nos seus desprazamentos diarios.

Varias formas de facer a lectura. Podemos dicir que un 60% dos desprazamentos cotiás fanse de modo sostible, aínda que se entramos a comparar os movementos en vehículos o transporte privado duplica ó colectivo. ¿necesidade de mellorar a conectividade co transporte público? Sí

O 57% dos habitantes do barrio pasa ó menos unha vez por semana pola zona centro.

Dato curioso pero do que non podemos extraer se é por motivos laborais ou de ocio. En definitiva ¡gústannos os paseos polo centro!

O 47% dos habitantes do barrio fai a súa compra en grandes superficies, o 42% en supermercados e só o 11% o fai en pequeno comercio

Sería bonito poder comparar con outras enquisas similares de hai 10-15 anos. O máis preocupante é que aproximadamente un 5-6% adoita facer a compra no pequeno comercio do barrio.  ¿Falta de oferta ou falta de demanda? Quizáis un pouco de cada, é certo que cada vez quedan menos tendas no barrio pero tamén é certo que algunhas ofrecen unha calidade no producto moi superior á que atopamos en grandes e medianas superficies.

O 80% prefire vivir en Eirís na vez de calquera outra zona da cidade.

Moito mellor en Eirís que na Zapateira, claro está.

Estos datos dan moito que falar…¿veste reflexado?

Deixamosvos un enlace á páxina co resto das enquisas á xente do barrio de Eirís

* Eirís – A Madosa inclúe a zona coñecida como a Canteira de Eirís e Eirís de Abaixo (Límites Monelos, Oleoducto, Parque de Eirís, Urb. Os Arces…)

 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

Categories

A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.